Rebeca Yarros signing a book while readers wait in a bookstore

En Once Upon a Story somos máis ca unha librería: Somos o novo punto de encontro lector na Coruña. Este proxecto naceu do noso amor polos libros e de algo que non encontrabamos por ningures, un espazo acolledor onde vivir a lectura doutra maneira.

A nosa idea é sinxela pero completa: ademais de traerte as últimas novidades de literatura xuvenil, fantasía e romance que triunfan en redes, deseñamos o noso propio merchandising. Dende marcapáxinas artesanais e tote bags ilustradas ata cuncas e velas aromáticas, creamos detalles únicos para acompañar cada historia que lees.